jueves, 25 de noviembre de 2010

Educar contra a Violencia de xénero

Outro 25 de novembro conmemoramos o Dia contra a Violencia de Xénero coa triste estatística de numerosas mulleres mortas, maltratadas e humilladas.
Dende a nosa posición de docentes, en contacto cos nenos e nenas, mozos e mozas, temos que constatar que existe un espellismo de igualdade , que perviven relacións de machismo e discriminación entre eles.
Por eso, e porque estamos totalmente convencidos de que a educación en igualdade e a coeducación é o camino para acadar a sociedade equitativa que queremos, manifestamos que é imprescindible:
- Desenvolver o modelo coeducativo como único e xeral en todo o sistema educativo, garantindo a educación mixta en todos os niveis.
- Garantir a formación continua e axeitada en coeducación de todo o profesorado.
- Desenvolver campañas de colaboración e concienciación con outras administración e axentes sociais con competencia en educación.
- Desenvolver contidos no eido da educación afectivo-sexual, da aprendizaxe cooperativo e fomentando as relación baseadas na empatía, na cooperación e na escoita, que rompen os estereotipos sexuais.

Animamos e pedimos a todos e todas as docentes a asumir a nosa responsabilidade neste tema, dende a propia formación a e propia práctica diaria nas aulas.

Dende a Secretaría de Políticas Sociais de FETE-UGT A Coruña estamos a vosa disposición para levar a cabo as actuacións relacionadas con este temas que nos centros consideréis oportunas, de formación ao profesorado, de intervención directa cos alumnos ou escolas de nais e pais.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

Candidatura A Coruña

Candidatura Coruña 2010 from FETE UGT GALICIA on Vimeo.

martes, 16 de noviembre de 2010

Agora máis Educación! Vota UGT

lunes, 1 de noviembre de 2010

Coa Docencia

martes, 14 de septiembre de 2010

Así no!

viernes, 16 de julio de 2010

Nativos pero Xubilados

Estes días atopámonos coa nova de que a Consellería de Educación vai contratar profesorado xubilado estranxeiro como auxiliares de conversación nos centros plurilingües e seccións bilingües para os institutos e colexios do territorio rural. A Federación de Traballadores do Ensino da UGT de A Coruña, que non estivo de acordo coa promulgación da orde de implantación de centros plurilingües que estableceu a Consellería de Educación, quere manifestar o seu rexeitamento máis absoluto a esta iniciativa, que se presenta cos centros escolares en período de vacacións e polo tanto cos seus órganos colexiados(consello escolar e claustro do profesorado) inoperativos, polos seguintes motivos:

-En primeiro lugar, deixar claro que non estamos en contra da mellora da formación en linguas estranxeiras, nomeadamente da lingua inglesa, para o alumnado galego, antes ó contrario cremos que a competencia nesta lingua é fundamental para o desenvolvemento persoal e o tránsito laboral do alumnado.

-Cómpre un plan de formación específico do profesorado que concrete con orzamento e horario lectivo a eficacia do mesmo.

-A implantación da impartición de materias en lingua inglesa nas ensinanzas básicas debe facerse de xeito progresivo, para conseguir que non se discrimine ó alumnado, especificamente a aqueles que presentan necesidade de apoio educativo. Esta discriminación negativa dunha parte do alumnado podería dar lugar ó fracaso do programa.

-Estamos conformes coa incorporación de auxiliares de conversación no proxecto e ademais xa manifestamos que se deberían respectar os seus dereitos como becarios e as súas retribucións, que non foron respectadas en meses pasados, pois sufriron considerables retrasos no cobro das mesmas.

-Nembargantes en termos laborais e sindicais é absolutamente impresentable que cando se pretende alonxar a idade de xubilación dos traballadores e traballadoras, se pretenda contratar profesorado xubilado.

-FETE-UGT esixe á Consellería de Educación que rectifique e na implantación dos centros plurilingües, coide a formación lingüística do alumnado galego de xeito coherente e poñendo os medios persoais e materiais necesarios para evitar o fracaso do sistema.

-Asi mesmo consideramos que o persoal para desempeñar funcións de auxiliares de conversación, nativo ou non, debe ser persoal becario ou profesorado en idade laboral activa.

lunes, 28 de junio de 2010

Por una escuela sin armarios

Por una escuela sin armarios, nuestro compromiso from FETE UGT on Vimeo.

viernes, 25 de junio de 2010

Que fan os sindicatos por nos?

lunes, 7 de junio de 2010


Manifestación na Coruña
Ás 12:00 saída da Praza da Palloza ata a Delegación do Goberno
Xuntos e xuntas podemos máis

jueves, 20 de mayo de 2010

MOBILÍZATE POLOS TEUS DEREITOS



“NON AOS RECORTES SALARIAIS E SOCIAIS”
MOBILIZATE


Xoves 20 de maio ás 18:00 Concentración diante da Delegación do Goberno. Praza de Ourense. A Coruña



jueves, 13 de mayo de 2010

Recortes Sociais

No día de onte o goberno anunciou unha serie de medidas de corte moi duro para facer fronte ás dificultades económicas que está a pasar o noso país. Entre elas, atópase a diminución salarial para os funcionarios, reflectida nunha perda do 5% a partir do mes de xuño e na conxelación para o ano 2011.

Esta medida supón, a falta de máis datos, un retroceso na masa salarial dos funcionarios e a ruptura dos acordos entre a administración e os sindicatos no ámbito da Mesa Xeral. Os funcionarios non somos os causantes da crise económica.

Ante as declaracións do Presidente do Goberno de España nas Cortes no día de onte, FETE-UGT posiciónase en contra desta medida denunciando que os funcionarios sexamos, unha vez máis, os que máis aportemos para saír da crise (máis de cinco mil millóns de euros).

FETE-UGT emprenderá con respostas contundentes as medidas necesarias na defensa dos intereses dos traballadores do ensino.

martes, 27 de abril de 2010

miércoles, 17 de marzo de 2010

DECRETO DO PLURILINGÜÍSMO


FETE-UGT CONSIDERA INACEPTABLE QUE A OPINIÓN DOS PAIS SEXA VINCULANTE PARA OS CENTROS

A consulta aos pais introduce no ensino unha mestura de intereses particulares que supón facer dos centros educativos entidades ingobernables. A capacidade que se lles dá aos pais para incidir e decidir sobre o proxecto curricular do centro producirá situacións absurdas e caprichosas, xurdindo a pregunta se os pais deben decidir sobre o Proxecto Curricular dos centros. Para FETE-UGT a resposta é rotunda: NON; os pais xa teñen establecido o seu cauce de participación nas leis educativas.

Déixase entrever na conflitividade do galego no ensino un problema político en lugar dun problema educativo.

Xerouse un problema que, lonxe de clarificar un Plan Lingüístico consensuado, meteunos de cheo nun motivo de división, de mercadoría electoral co único e pobre obxectivo de acadar rendabilidade electoral.

O galego é patrimonio de todos e todas, non é patrimonio de ningunha forza política, polo tanto non pode ser un problema partidista que leve a división e ao enfrontamento.

FETE-UGT defende o cumprimento da Lei, a Lei de Normalización Lingüística, e, polo tanto, un tratamento igualitario do galego e do castelán. Non sobrevivirá ningún Plan Lingüístico que fuxa do consenso. Daquela entraremos nunha xeira permanente de cambios en función da cor política do goberno.

domingo, 7 de marzo de 2010

8 de marzo

Manifestamos o compromiso da FETE coa escola coeducadora, como o medio e o camiño para lograr a igualdade efectiva e real na sociedade.

A escola coeducadora fronte a escola segregada, que por suporto rexeitamos absolutamente, pero tamén fronte a escola mixta, na que alumnos e alumnas estudian xuntos, pero que, baixo a oferta da uniformidade o que logra é unha falsa igualdade de oportunidades na que as alumnas se adaptan a normas masculinizadas de aprendizaxe e de comportamentos mais valorados.

Este tipo de escola, e así os datos o pon de manifesto, consigue unha sociedade final que valora e potencia os comportamentos masculinos no ámbito laboral e social.

A proposta da escola coeducadora, repetimos, que a FETE asume como propia, é a de partir da valoración das diferencias, da valoración das actitudes e comportamentos tradicionalmente asociados aos xéneros como equivalentes, sen por ningún por diante de outro: os nenos poden chorar e as nenas poden xogar a fútbol.

Nenas e nenos que non só estudian xuntos, senón que crecen, cooperan e comparten en un espacio de equivalencia donde o logro final é conxunto, nenas e nenos que partiendo de diferentes realidades, buscan un desenvolvemento personal e unha construcción social común e non excluinte.

Así acadaremos unha sociedade baseada na cultura da paridade, da equidade e da negociación entre seres humanos e non entre homes e mulleres enfrontados.

En resumen, que nenos e nenas teñan os mesmos dereitos para a súa educación e que vaian desaparecendo as barreras de xénero que prescriben ou prohíben uns ou outros comportamentos en razón de sexo, de modo que todas as capacidades humanas mais positivas e necesarias estean ao alcance dos futuros homes e mulleres, sen olvidar que as capacidades das mulleres, largamente negadas, hoxe as temos que dar a coñecer e promover, porque cremos que son necesarias para a construcción da sociedade igualitaria.

Estrella Jiménez Ortega

Sª Políticas Sociais FETE-UGT A Coruña

viernes, 22 de enero de 2010

UGT Tamén estivo contra o Decreto

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

jueves, 21 de enero de 2010

ÉXITO NA MOBILIZACIÓN


FETE UGT cifra o seguimento do paro no ensino celebrado na xornada de hoxe, 21/01/10 nun 90% de participación, constituíndo polo tanto un éxito notable, reflectido nun paro total no ensino.

Asemade FETE UGT traslada a felicitación ao conxunto do profesorado polo amplo respaldo que ven de amosar o colectivo docente rexeitando as denominadas bases polo Decreto do plurilingüismo, cuxa posta en práctica no día a día nos centros educativos xerará unha permanente conflictividade nos termos en que está prantexado.

Finalmente manifestar que a FETE-UGT agarda con este punto de contestación masiva do ensino en Galicia que a Consellería de Educación adopte un cambio de actitude que posibilite acadar puntos de encontro nun espazo intermedio o espazo de todos no que a FETE-UGT puxo de manifesto a través das 18 emendas que presentou o pasado día 15 de xaneiro en aras do consenso evitando a manipulación político electoral dun elemento sensible a todos e todas o idioma no ensino.

martes, 19 de enero de 2010

FOLGA CONTRA O DECRETO


A UGT PARTICIPARÁ NA MOBILIZACIÓN SOCIAL DO XOVES 21 DE XANEIRO

SEN RESPOSTA DA CONSELLERÍA

A Federación de Traballadores do Ensino da Unión Xeral de Traballadores de Galicia (FETE-UGT/Galicia), enviou unha proposta con 18 emendas ó borrador das bases para a elaboración do decreto de galego no ensino o pasado xoves día 15 de xaneiro, marcando un prazo para a resposta da Consellería que rematou hoxe ás 14 horas.
Estas 18 emendas foron feitas públicas a través dos medios de comunicación e na páxina web desta organización sindical.
A ausencia de resposta por parte da Consellería obríganos a tomar as medidas de carácter sindical máis axeitadas que comezarán coa nosa participación na MOBILIZACIÓN SOCIAL convocada para o xoves 21 de xaneiro que inclúe a FOLGA e a MANIFESTACIÓN en defensa do galego no ensino.

O TRÁMITE DE AUDIENCIA

O pasado venres ás 14 horas recibimos un correo electrónico da Consellería de Educación convocándonos a unha reunión, que chaman "trámite de audiencia", para o día 19 ás 16:00 horas, para tratar o borrador do decreto.
A UGT rexeita este método de negociación e lémbralle á Consellería que se debe acometer un proceso negociador serio e legal nos órganos establecidos que son a Mesa Sectorial e o Consello Escolar de Galicia.
Nembargantes esta organización sindical non escatima nin escatimará ningún esforzo para chegar a un consenso, que a día de hoxe vemos imposible pola actitude da Xunta de Galicia, e comparecerá na reunión convocada para defender a súas propostas e amosarse aberta a calquera transacción que non prexudique a nosa lingua e mellore a calidade do sistema educativo de Galicia.

TODOS E TODAS EN FOLGA E Á MANIFESTACIÓN

Cómpre unha resposta social, laboral e escolar a estas bases para que a Xunta reconsidere o documento e asuma as emendas de modificación que melloran substancialmente o borrador e constitúen a mínima defensa do galego no ensino na nosa Comunidade.

UGT REMÍTESE ÁS PROPOSTAS ENVIADAS Á CONSELLERÍA O PASADO DÍA 15

O pasado día 15, a UGT aporta 18 emendas e consideracións ó texto da Administración para deixar constancia da nosa proposta, precisamente para amosar a nosa vontade de diálogo social e consenso.