lunes, 22 de junio de 2009




miércoles, 10 de junio de 2009

Enquisa sobre o galego

As organizacions con presenza no ámbito da educación abaixo asinantes, ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queren transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:

  • Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos, e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal.
  • O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontró na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán.
  • O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes ñas dúas linguas oficiáis non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía aos centros o mantemento deste equilibrio tan só se garantiría marcando a resposta "en galego" ou "todo en galego". Esta opción non se refire á totalidade do ensino, senón ás materias que nabería que impartir hoxe en galego -o 50%- xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias, agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.


CIG • CCOO ■ CSI-CSIF • FETE-UGT ■ STEG ■ CAE ■ ASPG • NOVA ESCOLA GALEGA • ASOCIACIÓN DE DIRECTORES E DIRECTIVOS DE ÍES DE GALICIA ■ COORDENADORA DE EQUIPAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE FERROLTERRA • COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA • A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

miércoles, 3 de junio de 2009

A UNIÓN EUROPEA É UNHA NECESIDADE


As eleccións europeas de xuño 2009 concernen a todos os traballadores en Europa. Nun momento económico como o actual, a clase traballadora defende o valor central do traballo como o motor do desenvolvemento económico e social e como garantía de cohesión.

Os traballadores demandamos que o traballo decente, o diálogo social e a internacionalización dos dereitos sociais sexan a base dun novo modelo alternativo ao actual modelo de globalización económico que resultou ser un estrepitoso fracaso e cuxas consecuencias estamos pagando todos os traballadores.

POR UNHA EUROPA SOCIAL.
Europa adoptou máis de 60 leis sociais en beneficio dos traballadores, sobre todo en cuestións como saúde e seguridade, igualdade, transferencia de empresas, como os avances no acceso a dereitos iguais para os traballadores de empresas de traballo temporal ou o fortalecemento dos comités de empresa europeos.

O PARLAMENTO EUROPEO PODE MARCAR A DIFERENCIA.
Como así o fixo apoiando aos Sindicatos Europeos contra a Directiva Bolkestein sobre servizos ou votando en contra da Directiva da 65 horas. Polo tanto, os traballadores debemos utilizar o noso dereito democrático de votar ao mesmo tempo que lles facemos aos candidatos as seguintes reivindicacións:

1. Medidas que reforcen os dereitos dos traballadores e dos sindicatos. Demandamos unha revisión da directiva sobre o desprazamento de traballadores, co fin de restablecer os nosos dereitos fundamentais sobre a libre circulación da man de obra e os servizos.

2. Un novo pacto social na crise económica, coa plena participación dos sindicatos e dos traballadores, co obxectivo do pleno emprego, empregos de calidade, mellores salarios e mellores pensións, estados do benestar máis fortes, cotizacións máis elevadas, desenvolvemento sostible e unha forte regulación dos mercados financeiros. ¡Os traballadores non deben pagar o prezo da incompetencia dos banqueiros!

3. Unha política social europea máis forte e unha política fiscal coordinada para poñer en marcha unha Unión europea social.

4. Un acordo sobre tempo de traballo, que protexa os traballadores das longas horas de traballo, que garanta a todos os traballadores/as o dereito de poder conciliar o traballo e a vida familiar.

5. Maior protección contra a precariedade laboral. Unha mellor cobertura social é o paso cara a empregos de calidade.

6. Unha nova estratexia industrial europea baseada na innovación, a investigación e desenvolvemento, a educación e formación, e o desenvolvemento sostible. Apostamos por unha economía cun baixa proporción de carbono, penalizando cun imposto ao carbono as importacións provenientes de países industrializados que non respecten as taxas de emisión de carbono da UE.

7. Loita contra a discriminación, en particular a diferenza salarial entre homes e mulleres, garantindo que as medidas contra a crise tamén beneficien ás mulleres.

8. Mellor protección e igualdade de trato para os traballadores emigrantes e móbiles e un forte compromiso contra o racismo, o nacionalismo e a xenofobia.

9 Apoio aos Servizos Públicos e unha mellor protección estatutaria dos investimentos e dos empregos de calidade.

Os traballadores debemos apoiar opcións progresistas que defendan os nosos intereses e que loiten por unha europa social.

O 7 de xuño Vota nas eleccións europeas!