viernes, 22 de enero de 2010
jueves, 21 de enero de 2010
ÉXITO NA MOBILIZACIÓN
FETE UGT cifra o seguimento do paro no ensino celebrado na xornada de hoxe, 21/01/10 nun 90% de participación, constituíndo polo tanto un éxito notable, reflectido nun paro total no ensino.
Asemade FETE UGT traslada a felicitación ao conxunto do profesorado polo amplo respaldo que ven de amosar o colectivo docente rexeitando as denominadas bases polo Decreto do plurilingüismo, cuxa posta en práctica no día a día nos centros educativos xerará unha permanente conflictividade nos termos en que está prantexado.
Finalmente manifestar que a FETE-UGT agarda con este punto de contestación masiva do ensino en Galicia que a Consellería de Educación adopte un cambio de actitude que posibilite acadar puntos de encontro nun espazo intermedio o espazo de todos no que a FETE-UGT puxo de manifesto a través das 18 emendas que presentou o pasado día 15 de xaneiro en aras do consenso evitando a manipulación político electoral dun elemento sensible a todos e todas o idioma no ensino.
martes, 19 de enero de 2010
FOLGA CONTRA O DECRETO
A UGT PARTICIPARÁ NA MOBILIZACIÓN SOCIAL DO XOVES 21 DE XANEIRO
SEN RESPOSTA DA CONSELLERÍA
A Federación de Traballadores do Ensino da Unión Xeral de Traballadores de Galicia (FETE-UGT/Galicia), enviou unha proposta con 18 emendas ó borrador das bases para a elaboración do decreto de galego no ensino o pasado xoves día 15 de xaneiro, marcando un prazo para a resposta da Consellería que rematou hoxe ás 14 horas.
Estas 18 emendas foron feitas públicas a través dos medios de comunicación e na páxina web desta organización sindical.
A ausencia de resposta por parte da Consellería obríganos a tomar as medidas de carácter sindical máis axeitadas que comezarán coa nosa participación na MOBILIZACIÓN SOCIAL convocada para o xoves 21 de xaneiro que inclúe a FOLGA e a MANIFESTACIÓN en defensa do galego no ensino.
O TRÁMITE DE AUDIENCIA
O pasado venres ás 14 horas recibimos un correo electrónico da Consellería de Educación convocándonos a unha reunión, que chaman "trámite de audiencia", para o día 19 ás 16:00 horas, para tratar o borrador do decreto.
A UGT rexeita este método de negociación e lémbralle á Consellería que se debe acometer un proceso negociador serio e legal nos órganos establecidos que son a Mesa Sectorial e o Consello Escolar de Galicia.
Nembargantes esta organización sindical non escatima nin escatimará ningún esforzo para chegar a un consenso, que a día de hoxe vemos imposible pola actitude da Xunta de Galicia, e comparecerá na reunión convocada para defender a súas propostas e amosarse aberta a calquera transacción que non prexudique a nosa lingua e mellore a calidade do sistema educativo de Galicia.
TODOS E TODAS EN FOLGA E Á MANIFESTACIÓN
Cómpre unha resposta social, laboral e escolar a estas bases para que a Xunta reconsidere o documento e asuma as emendas de modificación que melloran substancialmente o borrador e constitúen a mínima defensa do galego no ensino na nosa Comunidade.
UGT REMÍTESE ÁS PROPOSTAS ENVIADAS Á CONSELLERÍA O PASADO DÍA 15
O pasado día 15, a UGT aporta 18 emendas e consideracións ó texto da Administración para deixar constancia da nosa proposta, precisamente para amosar a nosa vontade de diálogo social e consenso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)