lunes, 16 de febrero de 2009

FETE-UGT A Coruña organiza una Mesa Redonda o martes 17 de febreiro ás 19:00 horas no Centro Universitario de Riazor (antiga Escola Universitaria de Ciencias Empresariais, enfronte da Casa da Auga).

A Mesa Redonda baixo o título “Apostando por Educar” estará formada por:

Pedro Armas , Candidato polo PSdeG-PSOE ó Parlamento de Galicia
Virgilio Gantes, Presidente da Federación de AMPAs de Galicia
Azucena Rodríguez, Coordinadora Xeral de IESGA(Iniciativa Estudiantil Galega)
Tonecho Álvarez , Sº Xeral de FETE-UGT A Coruña.
Modera: Gerardo Morano, Sº Executivo de FETE-UGT Galicia.
Contamos coa túa participación e aportación no posterior debate.

lunes, 9 de febrero de 2009

A Vicepresidencia da Xunta discrimina e atenta contra a Prevención de Riscos

FETE-UGT denuncia:

Vicepresidencia obriga a todos os traballadores das galescolas a acudir aos seus centros a pesar da alerta laranxa

A Dirección Xeral de Protección Civil cualificou a situación meteorolóxica para o día de hoxe de alerta laranxa, é dicir, risco importante.

Como consecuencia a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar acordou a suspensión das actividades desenvolvidas nas escolas infantís dependentes da mesma, pero ao mesmo tempo manifesta que a “dirección dos centros garantirá a presenza no centro de todo o seu persoal”.

Se se suspenden as actividades, por que teñen que acudir aos centros TODOS os traballadores e traballadoras? Quizais porque a Vicepresidencia lle gusta tomar decisións populistas desprezando a seguridade dos traballadores e traballadoras.

Mentres que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria só establece que debe estar nos centros o persoal necesario para informar e prestar axuda aos afectados que o poidan precisar Vicepresidencia OBRIGA A ACUDIR A TODOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS.
Vicepresidencia, unha vez máis, vai por libre obviando as recomendacións do Conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, quen recordou á poboación a importancia de seguir as medidas de autoprotección como evitar desprazamentos. Pois ben, Vicepresidencia obriga a desprazarse innecesariamente a moitos traballadores e traballadoras das galescolas. En FETE-UGT, preguntámonos, para quen o benestar? Non desde logo para os traballadores e traballadoras que dependen do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.