viernes, 31 de octubre de 2008

EDUCACIÓN INFANTIL. ¿Donde vai o Currículo?


FETE-UGT ESIXIU O DESBLOQUEO DO DECRETO DO CURRICULUM DE EDUCACIÓN INFANTIL

É INADMISIBLE A NON PUBLICACIÓN DO DECRETO CANDO HAI UN ANO SAIU APROBADO DO CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA

O pasado martes 28 de outubro, na Entrevista mantida por o Secretario Xeral de FETE-UGT Galicia, Mariano García, coa Conselleira de Educación demandou as razóns polas cales o Decreto non fora publicado así como a súa publicación inmediata, ó que Laura Sánchez Piñón, Conselleira de Educación, respostou que só falta o trámite de aprobación polo Consello de Goberno da Xunta.

A Federación de Traballadores do Ensino da UGT de Galicia (FETE-UGT Galicia) esixe á Consellería de Educación da Xunta de Galicia o inmediato desbloqueo do Currículum de Educación Infantil por estar incumplindo o calendario de implantación da LOE.

Este vacío legal na nosa Comunidade está a provocar que o profesorado teña que facer as súas programacións anuais partindo dun Real Decreto Base que ten que ser desenvolvido nas respectivas Comunidades Autónomas con plenas competencias en educación. Por outra banda estase a perxudicar ós centos de opositores que preparan a súa entrada á Función Pública Docente e que, neste caso, poden ter paralizada a súa preparación.

FETE-UGT demanda ademáis que a Etapa 0-3 anos, que a LOE recoñece como Educativa e non asistencial, pase a depender da Consellería de Educación que é a única da que orgánicamente debe depender como calquera outra etapa educativa.

viernes, 24 de octubre de 2008

PECHADA A ADMISIÓN PARA AS XORNADAS DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE



Quedou pechada a matrícula para as I Xornadas de Educación para a Igualdade. Para consultar a listaxe de admitidos/as pincha no logo ou mira na web de UGT A Coruña.

miércoles, 15 de octubre de 2008

XORNADAS




I XORNADAS DE EDUCACION PARA A IGUALDADE.



Escola, Universidade e Empresa como espazos de construción da igualdade e deconstrución dos teitos de cristal.

A Secretaría de Xuventude de UGT-Coruña e a Asociación de estudantes IESGA, coa colaboración de FETE-UGT, veñen de presentar as I Xornadas de Educación para a Igualdade, que se celebrarán no campus de Elviña da UDC. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 24 de outubro. As I Xornadas de Educación para a Igualdade están dirixidas a estudantes da UDC, mestres e mestras, persoal investigador e traballadores/as en xeral, interesados en formarse e compartir experiencias en temas de igualdade, coeducación e corresponsabilidade. Durante as sesións presentaranse, así mesmo, os resultados dun estudo elaborado por UGT-Coruña, sobre a participación sociolaboral da muller na comarca da Coruña.

Ao longo das xornadas –que se celebrarán as tardes dos días 29 e 30 de outubro, e 4 e 5 de novembro, en distintas facultades do Campus de Elviña- abordarase a educación para igualdade como temática transversal nos centros educativos; a igualdade de oportunidades no ámbito laboral e profesional (na empresa privada e na universidade pública) a problemática dos teitos de Cristal e, finalmente, a participación das mulleres no espazo político. Nestas Xornadas tratamos de combinar o formato de conferencia co de mesa redonda, co fin de que exista un intercambio de experiencias, entre as/os propios ponentes e, especialmente, abrindo canles de diálogo co público asistente (ao que tamén considerarmos "experto" na materia) para, finalmente, extraer unhas conclusións sobre o estado da situación e as propostas de actuación que, no futuro, debemos poñer en práctica.

A Asistencia ás I Xornadas de Educación Para a Igualdade é gratuita, previa solicitude de inscrición (as prazas son limitadas).
Solicitouse á UDC a concesión de 1 Crédito de Libre Configuración.
Para a formulación da inscrición e acadar máis información podedes enviar un correo electrónico a xuventude@ugtcoruna.es ou iesga@iesga.es