No día de onte o goberno anunciou unha serie de medidas de corte moi duro para facer fronte ás dificultades económicas que está a pasar o noso país. Entre elas, atópase a diminución salarial para os funcionarios, reflectida nunha perda do 5% a partir do mes de xuño e na conxelación para o ano 2011.
Esta medida supón, a falta de máis datos, un retroceso na masa salarial dos funcionarios e a ruptura dos acordos entre a administración e os sindicatos no ámbito da Mesa Xeral. Os funcionarios non somos os causantes da crise económica.
Ante as declaracións do Presidente do Goberno de España nas Cortes no día de onte, FETE-UGT posiciónase en contra desta medida denunciando que os funcionarios sexamos, unha vez máis, os que máis aportemos para saír da crise (máis de cinco mil millóns de euros).
FETE-UGT emprenderá con respostas contundentes as medidas necesarias na defensa dos intereses dos traballadores do ensino.
0 comentarios:
Publicar un comentario