miércoles, 17 de marzo de 2010

DECRETO DO PLURILINGÜÍSMO


FETE-UGT CONSIDERA INACEPTABLE QUE A OPINIÓN DOS PAIS SEXA VINCULANTE PARA OS CENTROS

A consulta aos pais introduce no ensino unha mestura de intereses particulares que supón facer dos centros educativos entidades ingobernables. A capacidade que se lles dá aos pais para incidir e decidir sobre o proxecto curricular do centro producirá situacións absurdas e caprichosas, xurdindo a pregunta se os pais deben decidir sobre o Proxecto Curricular dos centros. Para FETE-UGT a resposta é rotunda: NON; os pais xa teñen establecido o seu cauce de participación nas leis educativas.

Déixase entrever na conflitividade do galego no ensino un problema político en lugar dun problema educativo.

Xerouse un problema que, lonxe de clarificar un Plan Lingüístico consensuado, meteunos de cheo nun motivo de división, de mercadoría electoral co único e pobre obxectivo de acadar rendabilidade electoral.

O galego é patrimonio de todos e todas, non é patrimonio de ningunha forza política, polo tanto non pode ser un problema partidista que leve a división e ao enfrontamento.

FETE-UGT defende o cumprimento da Lei, a Lei de Normalización Lingüística, e, polo tanto, un tratamento igualitario do galego e do castelán. Non sobrevivirá ningún Plan Lingüístico que fuxa do consenso. Daquela entraremos nunha xeira permanente de cambios en función da cor política do goberno.

0 comentarios: