viernes, 9 de mayo de 2008

CONCURSO XERAL DE TRASLADOS. SECUNDARIA

Hoxe na páxina wb da cosellería aparece publicado o Concurso de Traslados de Secundaria. Podes consultalo dende aquí.

Concurso de Secundaria

jueves, 8 de mayo de 2008

NEGOCIACIÓNS DO DECRETO DE BACHARELATO


GRAZAS Á PRESIÓN, DIÁLOGO, NEGOCIACIÓN E DEBATE DA FETE-UGT A CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN CLAUDICA E MODIFICA PARCIALMENTE O HORARIO DO BACHARELATO UNHA HORA MÁIS PARA EDUCACIÓN FÍSICA E UNHA HORA MENOS PARA CIENCIAS DO MUNDO CONTEMPORÁNEO
A Conselleira de Educación, vén de comunicar aos membros do consello Escolar de Galicia que analizados os debates e votacións das distintas emendas ao borrador do horario do decreto de Bacharelato modifica o horario da materia Ciencias do Mundo Contemporáneo, deixándoa con dúas horas, e trasládaa á materia de Educación Física, deixándoa, tamén, con dúas horas.

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL

Pese a iso, FETE-UGT mantén a convocatoria de todo o profesorado de secundaria da ASEMBLEA XERAL PARA O LUNS DÍA 12 ÁS 19h. NO CENTRO INTEGRADO DE FP MONTE DE CONXO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, na que se informará das negociacións e de todo o proceso, así como a proposta de distintas accións para conseguir que a Consellería siga negociando algún cambio máis no horario das materias sobre todo no que afecta a Filosofía e Historia.

As reivindicacións da FETE-UGT comezan a dar os seus froitos, e demostra unha vez máis que co debate e a negociación pódense conseguir melloras. Xa diciamos que fomos o único sindicato que tratou de buscar consenso no Consello Escolar, e grazas ao noso apoio a emenda que tiña o cambio dunha hora da materia de Ciencias do Mundo Contemporáneo á de Educación Física (aínda que a CIG votou en contra e CCOO se abstivo) e posteriores presións da Federación de Ensino da UGT, fixo reflexionar seriamente á Conselleira.

FETE-UGT vai seguir presionando á Consellería para conseguir a súa reivindicación no horario de Bacharelato que sería unha hora máis para a materia de Filosofía a conta dunha hora menos na optativa.

Santiago, 8 de maio de 2008.

Mariano García González
Sº. XERAL FETE-UGT GALICIA

CONCURSO XERAL DE TRASLADOS. CORPO DE MESTRES

A Consellería publicou onte, na web, a resolución definitiva do Concurso de Traslados do Corpo de Mestres. Podes consultala dende aquí:

miércoles, 7 de mayo de 2008

Xornada Única


XORNADA ÚNICA

A DIRECTORA XERAL DE ORDENACIÓN PRESENTA UNHA NOVA
PROPOSTA QUE SE DEBATIRÁ NA MESA SECTORIAL
PROXIMAMENTE

A Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa presentou unha nova proposta de proxecto de orde para fixar os criterios para a implantación da xornada única. Este documento foi tratado nunha reunión informal con todos os sindicatos da mesa sectorial docente o día 5 de maio.

As novidades que presenta son:

1.- Aparece a posibilidade de XORNADA MIXTA cun mínimo de tres tardes lectivas.
2.- Segue a presentar o riquisito de informe favorable do transporte escolar.
3.- Esixe o 66% de voto afirmativo do censo total de pais e nais.

A UGT maniféstalle á Directora que non se está cumprindo o compromiso adquirido o 30 de abril de 2007 que obriga á Consellería a “flexibiliza-los” criterios para a implantación da única. Que un servizo complementario como o transporte escolar non pode condicionar o horario escolar, aínda sendo conscientes das dificultades de modificación de rotas e itinerarios. Por isto instamos á Consellería para que dado que os contratos de transporte son plurianuais e non vencen até o 2010, proceda a un reestudio para racionaliza-lo servizo.

Ademais consideramos que asegurando unha participación do 50% do censo de pais/nais, considerando a unidade familiar, e sobre esta mínima participación unha maioría de dous tercios, debería ser máis ca suficiente para a implantación da única. Rexeitamos o límite da mixta a tres tardes lectivas, entendemos que tamén pode haber centros que teñan unha tarde lectiva ou dúas. Valoramos positivamente que os centros que a teñen concedida por implantación, prórroga ou mixta con carácter experimental non teñan que volver a solicitala, agás que queiran cambiar de xornada. Así mesmo tamén nos parece positivo que non exista a obrigatoridade de ostenta-la representación do centro e supervisa-las actividades extraescolares.

A Directora xeral que estivo acompañada do Subdirector xeral de Inspección responde
que estudarán:

1.- A posibilidade dun só voto por unidade familiar.
2.- Na mixta pasar de tres a dúas tardes.
3.- A problemática do transporte escolar é insalvable.
4.- Farán un axuste na participación dos pais/nais, pero sempre sobre censo total.