lunes, 22 de septiembre de 2008

NORMALIDADE ANORMAL

A Edición de hoxe do xornal “El País” publica unha entrevista a Laura Sánchez Piñón, Conselleira de Educación da Xunta de Galicia. A sensación que tenta transmitir é a de absoluta normalidade e tranquilidade no inicio do curso.

Sra. Conselleira, vaiamos por partes:

· É normal que haxa centros educativos que, como consecuencia da falta de profesorado e das necesidades educativas, os seus equipos directivos presentaran a dimisión? Segundo os nosos datos hai CEIPs nos Concellos de Oleiros e Carballo, alomenos, nos que se produciu esta situación.

· É normal que haxa centros que, escolarizando por cada aula a 25 nenos e nenas de Educación Infantil, non teñan profesorado de apoio? Danse casos en A Coruña, Oleiros, Culleredo, Carballo…

· É normal que se retiren liñas de transporte para as actividades extraescolares despois de desfrutar deste servizo durante anos e estar recollido no proxecto de xornada única, que por suposto foi aprobado pola Consellería de Educación, e pasou por todos os trámites legais previstos? Esta normalidade aplícase polo menos nalgún centro de Oleiros.

· É normal que as obras previstas para desdobres de macrocentros non teñan iniciado e se habiliten aulas nos pasillos para atender a demanda en Infantil e Primaria? No Concello de Arteixo está a proba.

· É normal que a demanda de comedor escolar, con dereitos, supere a oferta e haxa nenos e nenas que non sexan admitidos como comensais? En Cambre, Culleredo… algo así ocorre.

· É normal que non se cubran prazas de profesorado nos IES e así non se teñan en conta aspectos pedagóxicos tan esenciais e repetidos no discurso oficial como a Atención á Diversidade, recollida na LOE? Na meirande parte dos IES sufren as carencias.

· É normal que un docente de matemáticas teña como afíns francés, galego, bioloxía e obradoiro de iniciativas emprendedoras?

· É normal que haxa Funcionariado en Prácticas que non acade destino na adxudicación definitiva? Mirar a web da Consellería.

FETE-UGT A Coruña está a elaborar unha diagnose da situación educativa na Comarca. As primeiras conclusións nos levan a considerar, que con todas estas “anormalidades” o comezo do curso non está resultando precisamente “normal”.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Menos mal que o meu sindicato se pon as pilas. Estamos cheos de que nos vendan unha moto sen motor e gasolina.

Anónimo dijo...

Lo que no se puede es poner a una señora que no tiene ni idea de educación al frente de una consellería en donde lo único que hace es meter la pezuña continuamente y crear un descontento tal entre el profesorado, que las elecciones que tanto le costó ganar al PSOE puedan irse al garete en la próxima convocatoria a las urnas.

Anónimo dijo...

¿Esta señora sabe do que fala? ¿Quen lle fai os discursos? Señora Conselleira quede vostede soa coa miña clase de tres anosen pleno período de adaptación e verá como pide papas e nos manda apoio, cuidadora, e incluso nos aumenta o soldo. O que hai que ler e sentir...

Anónimo dijo...

La educación en este país no se arregla llenando los centros de ordenadores ni regalando libros de texto a quien se los puede pagar...
Que se den una vuelta de incógnito por cualquier centro educativo y se olviden de criterios económicos para pomer los pies sobre la tierra con criterios pedagógicos y de calidad.

Anónimo dijo...

Esta conselleira de "educación" non amosa demasiada, pois algo que se ensina dende infantil é que NON SE MINTE!!! e está claro que non ten asimilado este principio. Creo que unha volta polas clases de PT ou de AL non lle viría mal para adquirir aprendizaxes varios, supoño que a través dunha adaptación curricular porque está claro que amosa dificultades de aprendizaxe.

Anónimo dijo...

Compañeros y compañeras, pero es que nadie valora el trabajo que ha hecho la Consellería en estos últimos años? Nos subieron 150€ al sueldo, en primaria se han rebajado las horas lectivas, el Decreto de Comedores abarca a todos los centros, etc etc etc
Seamos serios no se trata de critica por criticar.

Anónimo dijo...

Estou con luisa. Sexamos serios e observemos ben a situación. Pero esta claro que lle viría ben pasar de vez en cando por algunha aula e se é de infantil viríalle mellor...
un saúdo

Anónimo dijo...

Recoñecer os acertos da consellería non implica ignorar os erros da mesma. Eu non vexo que a ningunha destas entradas lle falte seriedade, as críticas están baseadas en cuestións reais que están a ocurrir nos centros.
Seriedade é recoñecer o ben feito e facer crítica constructiva do que non para poder melloralo.

Anónimo dijo...

De verdade todavía queda xente pensando que o "fracaso" (palabra detestable cando falamos de educación) escolar é culpa dos nosos rapaces e rapazas (vag@s, falt@s de valores, incult@s, que escriben nunha linguaxe sms que non entende ninguén... e demáis flores que lles botan) ? Eu lle diría a quen bota balóns fora que probe a traballar no pasillo da súa empresa, que o tempo de descanso lle vaia en viaxar á casa, comer e volver ó centro (mentres outr@s comen e disfrutan do seu ratiño de relax), que o/a guía do seu traballo non ten idea de qué vai e ademáis non elixiu esa opción (véxaxe "profe de xeografía impartindo música"), e ademáis que cando se habitúe a esa persoa de referencia a cambien porque ese non era o seu sitio definitivo... Que veña despois a contarnos da calidade do seu traballo e da felicidade que lle reporta acudir ó centro.
Penso que ó final están a pagar o pato os nosos pequenos e pequenas, para quen se supoñe que melloramos as nossas escolas, e polos que se supoñe que traballaremos motivad@s e con ganas de vel@s aprender...

Anónimo dijo...

O plan da conselleira é moi bo.¿Cómo mellorar o ensino público? Moi doado : recortar no profesorado,nos comedores escolares,no transporte,non dotar os centros das infraestructuras necesarias...Mentres hai que habilitar aulas no ensino privado por que non lles chegan.Iso si tódolos nenos inmigrantes para a pública,por que como non son de Deus á privada non poden ir...Confío que o noso sindicato lle poña o cascabel ó gato,ou mellor dito á gata por non dicir outra cousa.