jueves, 8 de octubre de 2009

Entrevista en Radio Fala

Transcribimos aquí parte da entrevista que en radio fala lle fixeron ao Secretario Xeral de FETE-UGT A Coruña. Se queres escoitala enteira pincha no recadro ou entra no link de Radio Fala.

“ A Xunta está a discriminar ao alumnado que máis atención precisa”

O Sº Xeral da Federación de Traballadores do Ensino de UGT- A Coruña Antonio Alvarez Cisneros, visitou onte os estudos de Radio Fala , para falar da situación da educación pública e das denuncias realizadas por parte de UGT sobre a eliminación de profesorado nos centros de ensino.



¿Cómo valora FETE-UGT o comezou o curso escolar?
A verdade é que temos un comezo de curso como había anos que non tiñamos. De feito, é a primeira vez que comezamos o curso cunha folga, a do profesorado das Escolas de Idiomas.

Máis, o recorte de profesorado non afecta só as escolas de idiomas, senón tamén aos centros de primaria, non?
Efectivamente, e estes recortes preocúpannos moito porque se trata dunha diminución do profesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe. É dicir, estase a perxudicar directamente aos nenos e nenas con necesidades especiais ou específicas de atención.
Por outra banda, tamén denunciamos a redución do profesorado de apoio ás minorías étnicas. A isto hai que sumar un recorte nos centros de formación do profesorado, onde a Consellería de Educación reduciu os asesores de Educación en Valores. Parece que este goberno non está polo labor de cubrir a Educación con maiúsculas.


"Hai un recorte xeralizado en investimento, e supoñemos que o recorte será maior nos vindeiros anos”

Todo isto suporía ter que contratar a máis profesorado, e un maior gasto público.
Si, pero nós como Sindicato temos claro que a educación non se trata dun negocio, trátase dun investimento de futuro. Tal e como demandamos no Día Mundial do Docente, a UGT ven reivindicando que a educación en educación pública chegue ao 7% do PIB.

En todo caso, a Xunta está a traballar cos orzamentos aprobados o ano pasado. Será no curso que ven cando se plasmará a política educativa do novo goberno.
Si, pero todos os recortes que levamos sufrido dende o mes de marzo, especialmente no verán, nos levan a pensar que este recorte vai ser maior nun futuro. De feito, FETE-UGT xa mantivo reunións cos novos conselleiros de educación e economía, pero cando lles pusemos enriba da mesa medidas que requiren unha inversión económica, pecháronse as negociacións. A Xunta non está disposta a entrar nese capítulo baixo ningún concepto.

De qué medidas estamos a falar?
Pois dun aumento do profesorado. Dunha disminución das ratios profesor-alumno. Da contratación doutro tipo de persoal para os centros educativos, como educadores sociais, animadores socioculturais, etc.

En etapas de crise como a actual, sempre se fala de recortes do gasto público. Cal é a postura do seu sindicato?
Dende a FETE consideramos que sanidade e educación son os dous piares básicos da sociedade. A Educación é fundamental porque é invertir en futuro. A educación é que nos ten que sacar desta crise. Unha crise, por certo, que non deberíamos estar pagando os traballadores da maneira que o estamos a facer.

Falando de reaxustes, ¿qué está a pasar cos comedores escolares?
A Xunta está a propoñer un copago entre a administración e os usuarios para manter os comedores escolares. Dende que se puxo en funcionamento este servizo, dende os anos 70, os rapaces teñen dereito ao servizo gratuito de comedor, por motivos de lexanía co seu domicilio. Parece que a Xunta está a estudar agora a posibilidade de que estes nenos comencen a pagar polo servizo. Dende a FETE temos que recordar que a Educación non é un negocio.

0 comentarios: