1º. CONSEGUIUSE EVITAR A CONXELACIÓN SALARIAL!!:
O Goberno resistiu as enormes presións que existían dende moitos ámbitos políticos e mediáticos para que se nos conxelase o Salario a todos os Empregados Públicos.O incremento salarial para o ano 2010 será do 0,3%.
Como o IPC Real do ano 2009 está a ser negativo (Agosto/2008: -0,8%), conseguir esta suba salarial foi un éxito. Algúns ata dicían que deberiamos devolver a diferenza entre a suba que tivemos no ano 2009 e o IPC real!
2º. POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA, CONSEGUIMOS UNHA CLÁUSULA DE REVISIÓN SALARIAL!!:
Foi unha Reivindicación Histórica das Organizacións Sindicais a cláusula de Revisión Salarial (que compense a diferenza entre o IPC previsto e o IPC real): os Empregados Públicos somos case os únicos españois que non ten o devandito dereito (mesmo os 8.539.722 españois Pensionistas teñen ese dereito garantido). Conseguir a Cláusula de Revisión Salarial, na situación de Crise Económica Internacional que estamos a vivir, só pode cualificarse como un éxito.
CLÁUSULA DE REVISIÓN SALARIAL PARA O PERÍODO 2010 -2012:
A Administración comprométese a adoptar as medidas pertinentes para incorporar nos orzamentos de 2012, os créditos necesarios para compensar a perda do poder adquisitivo dos empregados públicos que puidese producirse durante a vixencia do presente Acordo.
Con efecto da 1 de xaneiro de 2012, e dentro do primeiro trimestre do mesmo ano, percibirase o importe correspondente á desviación que no seu caso se tivese producido entre os incrementos establecidos nas Leis de PGE para os exercicios orzamentarios de 2010 e 2011 e a inflación efectiva neses anos. Tales créditos incorporaranse á masa salarial do ano 2012.
Con efecto de 1 de xaneiro de 2013, e dentro do primeiro trimestre do mesmo ano, incorporarase o importe correspondente á desviación que no seu caso se tivese producido entre os incrementos establecidos na Lei de PGE para o ano 2012 e a inflación efectiva dese ano. Así mesmo, estes créditos incorporaranse tamén á masa salarial do ano 2013. Os anteriores aumentos retributivos aplicaranse á marxe das melloras retributivas conseguidas nos Pactos ou Acordos previamente asinados polas diferentes Administracións Públicas no marco das súas competencias, entre elas as destinadas a incluír a totalidade do complemento específico nas pagas extraordinarias.
0 comentarios:
Publicar un comentario