As organizacions con presenza no ámbito da educación abaixo asinantes, ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queren transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:
- Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos, e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal.
- O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontró na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán.
- O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes ñas dúas linguas oficiáis non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía aos centros o mantemento deste equilibrio tan só se garantiría marcando a resposta "en galego" ou "todo en galego". Esta opción non se refire á totalidade do ensino, senón ás materias que nabería que impartir hoxe en galego -o 50%- xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias, agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.
CIG • CCOO ■ CSI-CSIF • FETE-UGT ■ STEG ■ CAE ■ ASPG • NOVA ESCOLA GALEGA • ASOCIACIÓN DE DIRECTORES E DIRECTIVOS DE ÍES DE GALICIA ■ COORDENADORA DE EQUIPAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE FERROLTERRA • COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA • A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
0 comentarios:
Publicar un comentario