A polémica suscitada polo novo goberno da Xunta de Galicia sobre o galego no ensino está dando lugar a un debate latente no que algunha organización está amosando un grao de incoherencia e falta de seriedade considerables.
Estámonos a referir ás resolucións aprobadas na distintas Xuntas de Persoal Docente das catro provincias galegas. Como pode comprobarse a información que fai a CIG-Ensino na súa web refírese á resolución da Xunta de Persoal de Pontevedra e Coruña. Nestas dúas xuntas apróbase por maioría a que presenta esta organización. Pero nas Xuntas de Persoal de Ourense e Lugo apróbase, cos votos da propia CIG-Ensino unha resolución que a esta organización non lle interesa dar a coñecer.
As resolucións aprobadas polas Xuntas de Persoal de Ourense e Lugo están á disposición do profesorado na web de FETE-UGT/Galicia e foron apoiadas por CCOO, FETE-UGT, STEG e CIG. En calquera caso o texto, que se presenta nas catro xuntas de persoal é o que segue:
A Xunta de Persoal Docente de ensino Non Universitario da provincia de ................................... manifesta:
1. O compromiso inequívoco coa Normalización do Galego no ensino, nese senso reclamamos o mantemento do Decreto 124/2007.
2. A esixencia de que calquera modificación sobre a normativa que regula a implantación do galego no sistema educativo, agora ou no futuro, debe facerse cun amplo consenso da cidadanía e dos seus representantes políticos e sociais. Por iso rexeitamos a proposta de derrogación unilateral do Decreto 124/2007 anunciada polo goberno da Xunta de Galicia.
É moi conveniente que o profesorado saiba e se entere das incoherencias interesadas que a CIG-Ensino practica. Pois alí onde a súa proposta resulta máis votada, trata de “vender” interesadamente esta ó profesorado. Alí onde a súa proposta non resulta aprobada pero é aprobada outra proposta doutras organizacións, incluso co apoio da propia CIG, entonces, non interesa que o profesorado se entere.
1 comentarios:
A mi xa non me sorprenden estas cousas. Cada quén publica o que lle pete, onde lle pete e cando lle pete. Parecen non saber que as noticias voan, que todo se sabe e que non hai nada peor que apoiar unha inciciativa e ocultalo (sobretodo cando as resolucións son públicas).
O intento de modificación... unha vergoña (normal que algún que eu sei, na toma de posesión, non soubera o Himno e fixera un play-back vergoñento)
Publicar un comentario