XORNADA ÚNICA
A DIRECTORA XERAL DE ORDENACIÓN PRESENTA UNHA NOVA
PROPOSTA QUE SE DEBATIRÁ NA MESA SECTORIAL
PROXIMAMENTE
A Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa presentou unha nova proposta de proxecto de orde para fixar os criterios para a implantación da xornada única. Este documento foi tratado nunha reunión informal con todos os sindicatos da mesa sectorial docente o día 5 de maio.
As novidades que presenta son:
As novidades que presenta son:
1.- Aparece a posibilidade de XORNADA MIXTA cun mínimo de tres tardes lectivas.
2.- Segue a presentar o riquisito de informe favorable do transporte escolar.
3.- Esixe o 66% de voto afirmativo do censo total de pais e nais.
A UGT maniféstalle á Directora que non se está cumprindo o compromiso adquirido o 30 de abril de 2007 que obriga á Consellería a “flexibiliza-los” criterios para a implantación da única. Que un servizo complementario como o transporte escolar non pode condicionar o horario escolar, aínda sendo conscientes das dificultades de modificación de rotas e itinerarios. Por isto instamos á Consellería para que dado que os contratos de transporte son plurianuais e non vencen até o 2010, proceda a un reestudio para racionaliza-lo servizo.
Ademais consideramos que asegurando unha participación do 50% do censo de pais/nais, considerando a unidade familiar, e sobre esta mínima participación unha maioría de dous tercios, debería ser máis ca suficiente para a implantación da única. Rexeitamos o límite da mixta a tres tardes lectivas, entendemos que tamén pode haber centros que teñan unha tarde lectiva ou dúas. Valoramos positivamente que os centros que a teñen concedida por implantación, prórroga ou mixta con carácter experimental non teñan que volver a solicitala, agás que queiran cambiar de xornada. Así mesmo tamén nos parece positivo que non exista a obrigatoridade de ostenta-la representación do centro e supervisa-las actividades extraescolares.
A Directora xeral que estivo acompañada do Subdirector xeral de Inspección responde
que estudarán:
1.- A posibilidade dun só voto por unidade familiar.
2.- Na mixta pasar de tres a dúas tardes.
3.- A problemática do transporte escolar é insalvable.
4.- Farán un axuste na participación dos pais/nais, pero sempre sobre censo total.
1 comentarios:
Queridos colegas,
Mentres os outros sindicatos están a ir polos centros co fin de dar a coñecer as súaas posturas sobre a xornada única, UGT limítase a mandar e-mails aos centros e aos seos afiliados. Cando os meus compañeiros, tras a visita dun liberado doutro sindicato, me preguntan onde están os de UGT que nunca veñen polo centro, cáeme a cara de vergoña e pásaseme pola cabeza darme de baixa. Como afiliada, preciso o respaldo dos liberados do meu sindicato co que estou plenamente identificada, respaldo que se debe manifestar coa visita aos afiliados aos seus centros de traballo. Todos os sindicatos facilitan información, pero o trato persoal cos afiliados é moi importante para saberque detrás dunhas siglas hai persoas que te están representando. Espero e desexo que de quí en diante visitedes os afiliados con maior regularidade. Teño unha compañeira doutro CEIP que di que só vos viu na campaña de eleccións, onde deixastes propaganda enriba da mesa da sá de profes pero non falastes con ninguén, incluso nin con ela ue tamén é afiliada á UGT.
Hai moitas e moitos que pensan coma min. Espero que mudedes a vosa forma de facer as cousas.
Un sauiño.
Ana.
Publicar un comentario