jueves, 25 de noviembre de 2010

Educar contra a Violencia de xénero

Outro 25 de novembro conmemoramos o Dia contra a Violencia de Xénero coa triste estatística de numerosas mulleres mortas, maltratadas e humilladas.
Dende a nosa posición de docentes, en contacto cos nenos e nenas, mozos e mozas, temos que constatar que existe un espellismo de igualdade , que perviven relacións de machismo e discriminación entre eles.
Por eso, e porque estamos totalmente convencidos de que a educación en igualdade e a coeducación é o camino para acadar a sociedade equitativa que queremos, manifestamos que é imprescindible:
- Desenvolver o modelo coeducativo como único e xeral en todo o sistema educativo, garantindo a educación mixta en todos os niveis.
- Garantir a formación continua e axeitada en coeducación de todo o profesorado.
- Desenvolver campañas de colaboración e concienciación con outras administración e axentes sociais con competencia en educación.
- Desenvolver contidos no eido da educación afectivo-sexual, da aprendizaxe cooperativo e fomentando as relación baseadas na empatía, na cooperación e na escoita, que rompen os estereotipos sexuais.

Animamos e pedimos a todos e todas as docentes a asumir a nosa responsabilidade neste tema, dende a propia formación a e propia práctica diaria nas aulas.

Dende a Secretaría de Políticas Sociais de FETE-UGT A Coruña estamos a vosa disposición para levar a cabo as actuacións relacionadas con este temas que nos centros consideréis oportunas, de formación ao profesorado, de intervención directa cos alumnos ou escolas de nais e pais.

0 comentarios: